Espazo Común: ” Moción para que se arranxen as deficiencias estruturais da avenida do Balneario “

Xa hai anos que unha das rúas con máis poboación e das máis transitadas do Carballiño, padece unha problemática recurrente.

Publicidade

A Avenida do Balneario sofre decotío importantes encharcamentos e inundacións que provocan escorrentías baixo o asfalto e polo tanto un notable  desafianzamento do pavimento e posterior afundimentos do mesmo. Non estamos a falar de simples fochancas, se non, en moitas ocasións, de socavóns do tamaño dun coche.

Se como dicimos, é un problema que ven de vello, nos últimos tempos viuse agravado pola irresponsable actuación levada a cabo por este Concello nas rúas Cuba, Venezula, Uruguay e Brasil que conectan a Avenida Julio Rodríguez Soto coa devandita Avenida do Balneario.

Nas disparatadas obras acometidas durante os pasados meses cun custo de 223.000 € das arcas municipais, o alcalde decidiu non acometer a correcta canalizacións das augas pluviais e a súa separación das residuais, como ditamina a norma e o sentido común.

Así pois, a causa desta decisión difícil de explicar, nos días de choiva, a cantidade de auga que se deriva cara á zona do Balneario tanto en superficie coma baixo o asfalto aumentou considerablemente.

Nos seis meses precedentes, os veciños da zona, puideron observar con preocupación como ata tres enormes buratos se abrían engulindo o piso, ocasionando que xa tivera que intervir o Concello para o seu arranxo, polo  menos, en cinco ocasións. En días pasados, informáronnos doutro novo burato.

É evidente que as ocurrencias do alcalde conlevan un gran prexuizo para moitos veciños e un sobrecusto en reparacións para as arcas municipais en reparacións que se poderían ter evitado de facer ben as cousas no seu día.

Dende Espazo Común temos claro que non se pode seguir disfrazando e parcheando con cemento un problema que vai a peor polo que

Visto todo o anteriormente comentado,

                                                              SOLICITAMOS

  1. Que se acometa dende este Concello, un proxecto integral para a Avenida do Balneario que resolva os problemas actuais de conducción de augas e as súas consecuencias. Por suposto, que se contemple no mesmo a debida separación das augas residuais e das pluviais das rúas que afectan a este problema, dandolle a correspondente saida a cada unha segundo corresponda
  2. Que unha vez elaborado se reúna ós veciños de dita rúa para informarlles pormenorizadamente das actuacións previstas.