Sogama ofreceu formación sobre a reciclaxe a máis de 37.000 rapaces

IES CHAMOSO LAMAS

O obxectivo principal do proxecto é inculcar nos nenos bos hábitos na prevención de residuos e reutilización de produtos, así como instaurar a reciclaxe nas aulas e concienciar á comunidade educativa sobre a correcta separación dos refugallos e o seu posterior depósito nos contedores correspondentes para ser transformados en novos materiais.

Para isto, a empresa pública autonómica proporciona aos centros educativos participantes – 25 por curso académico, maioritariamente de primaria- os medios necesarios para que poidan levar a cabo os seus proxectos de reciclaxe coas máximas garantías. Así, entre o material subministrado cómpre subliñar as denominadas illas de reciclaxe, conformadas por tres contedores de 120 litros de capacidade cada un (amarelo, azul e verde xenérico), así como composteiros, que se reparten naqueles colexios que dispoñen de servizo de comedor para que os restos orgánicos sexan valorizados e convertidos en compost, un abono natural de alta calidade a utilizar como fertilizante nas hortas e xardíns escolares.

HIPER MASIDE