De Ste Xeito actuará o domingo 19 de Setembro, ás 18:30h, no Auditorio Municipal das Neves coa súa peza Loló e Mamá.

De Ste Xeito actuará o domingo 19 de Setembro, ás 18:30h, no Auditorio Municipal das Neves coa súa peza Loló e Mamá. Esta proposta é unha danza teatral que grazas a un humor fino e ácido consegue facernos ver que as cousas case nunca son o que parecían, que as relacións familiares case sempre son máis difíciles do que nos gustaría e sobre todo, que o amor é unha ferramenta de dobre fío: canto máis se ama, máis doen as cousas, antes de curar.

Loló e Mamá é a primeira peza teatral de De Ste Xeito Producións, dirixida e escrita por Esther F. Carrodeguas e interpretada por Stephy Llaryora e Pepa Barreiro.

AVANTAR ACTIVIDADES

Sinopse de Loló e Mamá Margot, nai de Loló, queda no paro e decide instalarse na casa da súa filla, a un océano de distancia. Pero o que parecía unha idea xenial, que axudaría a xuntar a unha familia desestructurada desde sempre, axiña muda en desastre. O amor é unha arma de dobre fío: canto máis se ama, máis se sofre.
MODO PARA ADQUISICIÓN DE ENTRADAS: As entradas de Loló e Mamá en As Neves serán gratuitas con aforo limitado. Reservas anticipadas no email cultura@asneves.gal. Recoméndase acudir con antelación suficiente para evitar aglomeracións. Máis información: Concello das Neves.