O concello do Carballiño renderalle unha homenaxe ao párroco recentemente xubilado, José Benito Sieiro González, este xoves, 17 de setembro, festividade de San Cibrao, ao termo da celebración da misa na honra do patrono do Carballiño.

Estes actos terán lugar en principio ao aire libre, na praza da Veracruz, se o tempo o permite, e en caso contrario celebraranse no interior do templo. En ambas alternativas o aforo será limitado e gardando todas as medidas preventivas e de seguridade establecidas polo coronavirus. Será obligatorio o uso de máscara e lavado de mans con xel hidroalcólico.

O aforo no exterior será superior ao do interior, pois colocaranse 400 sillas, separadas a 1,5 m., para garantir a distancia de seguridade.

No acto de homenaxe o alcalde faralle entrega ao párroco xubilado dunha placa así como dunha reproducción en miniatura do templo da Veracruz.