O PSOE de Leiro presenta ó goberno local anomalías nas últimas obras

O voceiro socialista, Manuel Rodríguez xunto o resto de membros da Agrupación Socialista están levando acabo visitas as diferentes obras que se están realizando no Concello, asegurando que algunhas delas foron iniciativa da súa formación, como o cambio de alumeado en Vieite ou a limpeza da Ponte da Esperela. Tamén o fixeron no asfaltado novo de Gomariz, no que encontraron deficiencias que xa trasladaron ó concello.

PUBLICIDADE

AVANTAR ACTIVIDADES

O arranxo do acceso ó camping tamén aseguran que foi unha petición súa dado o estado no que se atopaba. Aseguran tamén que nesta última obra, cando a presentaron ó pleno, o goberno local rexeitou a súa execución.

No barrio de Os Carrís, reseñan que atoparon deficiencias como que non se retiraron as farolas antiguas, no que e o asfaltado, e falan tamén de certa discriminación ós veciños do Bloque primeiro que comprenden os números 11 o 15 xa no se cambiaron as luminarias a LED.