A Plataforma en Defensa do Transporte Público solicita unha reunión co ministro deste sector

A plataforma pola defensa do transporte público critica que nos pasados días coñeceron a supresión dun novo tren que facía a conexión entre Ourense e Santiago, neste caso un Alvia. Aseguran que aínda que non facía parada na estación do Carballiño, era un dos poucos recursos que lle ía quedando ós moitos traballadores e estudantes da comarca que teñen que desprazarse a Compostela a estudar ou traballar. O tren que saía ás 06:45 será sustituído polo seguinte, que sae ás 07:55, demasiado tarde para funcionario e estudantes.

Publicidade

Destacan que esto supón a comprobación efectiva de que tódalas reunións mantidas pola asociación cos representantes políticos non serviron. Ante o esgotamento desta vía para loitar polos intereses dos cidadáns que forman parte do colectivo, o presidente da Plataforma, Ramiro Bello demandará por escrito unha reunión del e outros membros da Plataforma pola Defensa do Transporte Público do Carballiño co ministro responsable do eido do transporte, José Luis Ábalos.