O Psdeg-Psoe de Ourense mantén un encontro coa directiva da unión de dominicanos de ourense para escoitar as súas inquedanzas e necesidades

IES CHAMOSO LAMAS

O secretario provincial dos socialistas ourensáns, Rafael Rodríguez Villarino e o secretario provincial de emigración e inmigración, Luís Gulín participaron neste encontro

Os socialistas comprométese, nun futuro, a impulsar a creación dun consello municipal de integración onde as asociacións de inmigrantes e colectivos ou entidades que traballen con eles teñan voz e voto dentro da vida municipal ourensá

SPORTUR GALICIA 2022

O secretario provincial do PSdG-PSOE en Ourense e portavoz do grupo municipal do Concello de Ourense, Rafael Rodríguez Villarino interesouse polas necesidades e os problemas da comunidade dominicana da cidade de Ourense. Acompañado polo secretario provincial de Emigración e Inmigración do partido, Luís Gulín, informouse por parte do presidente de Unión Dominicanos de Ourense, Luís Alberto Ramos,  da situación actual dunha comunidade da cal hai empadroadas 600 persoas na cidade e unhas 1500 en toda a provincia.

Onde está máis arraigada a comunidade é no ámbito de axuda familiar e da dependencia. A mocidade, na súa maioría, está ocupada en hostalaría. Unha das demandas presentadas a Villarino por parte da directiva dos dominicanos ourensáns é a dificultade de atopar un campo para practicar un dos deportes estrela nos países do caribe, o softbol, unha derivación do béisbol. Esta actividade deportiva conta con moitos seguidores en Ourense e Galicia, non só dominicanos, senón tamén venezolanos, cubanos e españois. 

Outro dos aspectos tratados é a demanda de mellor formación para a súa inserción laboral. O secretario provincial de Emigración e Inmigración, Luís Gulín informoulles das múltiples opcións de acceso á universidade para maiores de 25 anos e a posibilidade de poder estudar na universidade co bacharelato dominicano homologado en España.

Ante os últimos acontecementos de expresións racistas e xenófobas contra dominicanos residentes no barrio do Couto, Villarino e Luís Gulín, manifestaron o seu máis absoluto rexeitamento e condena a esas actitudes que non reflicten o verdadeiro carácter e natureza dos galegos, moi coñecedores do mundo da emigración.

Actualmente hai ao redor de 6000 persoas estranxeiras residentes na cidade de Ourense, gran parte sen posibilidade algunha en participar activamente na vida política e pública municipal ao non ter o dereito de voto recíproco como é o caso das persoas procedentes de Brasil, República Dominicana, Senegal, Arxentina, China, Marrocos ou Alxeria. Por ese motivo, o PSdG-PSOE comprométese nun futuro impulsar a creación dun consello municipal de integración onde as asociacións de inmigrantes e colectivos ou entidades que traballen con eles teñan voz e voto dentro da vida municipal ourensá.