Hoxe o FETEGA inicia catro días de teatro e animación de rúa

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

Hoxe é a xornada de inicio do FETEGA, con numerosas actividades. Dende pola mañá o ambiente estará preparado con animación de rúa a cargo da compañía Barafunda. Tocou o pasarúas teatralizado que conta cunha figura xigante feita con globos, chamada “Alicornio Xigante”. Sairá da Casa da Cultura ás 11:00 horas e ás 17:00 horas e percorrerá as principais rúas do Carballiño. Como programación principal para a xornada de hoxe, o Festival de Teatro ofrece ás 18:30 horas na Casa da Cultura a obra “Technologie!”, de Pedro Brandariz e ás 20:30 horas no Auditorio Municipal Manuel María, a obra “Clausura do amor”. As entradas e a información completa está dispoñible na páxina oficial do FETEGA.

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO