O Concello do Irixo informaba do positivo en Covid-19 dun traballador municipal o pasado luns, procedendo á desinfección completa das instalacións. Na xornada de onte deuse a coñecer que seis traballadores máis e o alcalde estaban en illamento ata o día 1 de outubro. Despois de realizarse as probas PCR a estos traballadores, o alcalde informou de que él mesmo deu positivo en coronavirus e a súa muller e filla deron negativo. Queren chamar á responsabilidade de todos os veciñ@s, extremando as precaucións marcadas pola lexislación vixente e mantendo a calma e non axudando a difundir noticias non contrastadas.

Ademáis, hai que recordar que se mantén o seguemento do caso activo rexistrado no CEIP Calvo Sotelo e que mantén en cuarentena a máis de 50 alumnos do centro e a supresión do servizo de autobús escolar da liña 13, na que este rapaz acudía ás aulas. A irmá deste rapaz tamén resultou positivo en Covid-19, pero trátase dun brote familiar.

RIBEIRO

O concello de Ribadavia informa de oito casos positivos a día de hoxe. Segundo a administración local, a situación está controlada e non supón un risco para a veciñanza.

En Leiro hai un brote de catro persoas dun núcleo familiar. Trátase dun home de 43 anos, unha muller de 33 e dous menores.

Dende o concello de Melón informan de que xa non hai ningún caso activo de coronavirus no centro educativo de Quins. O concello informa de que hai uns días soubose do positivo dunha persona externa ó centro que acudira ás instalacións a facer un traballo puntual fora do horario lectivo. Ante a dúbida, púxose en cuarentena a única persoa que tivo contacto con este positivo.

GALICIA SUMA 110 CASOS ACTIVOS NOVOS NESTA XORNADA

Na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 4.460 deles, 602 da de Ourense.

Do total de pacientes positivos, 32 están en UCI, 217 en unidades de hospitalización e 4.211 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 17.308 persoas curadas, rexistrándose 721 falecementos.

OURENSE

A Área Sanitaria de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras rexistra hoxe 602 (60+) casos activos de coronavirus; deles, 57 están ingresados, e 6 están na UCI. Ademáis, detectouse un brote importante na residencia de Lobeira, con 47 positivos.

Na mañá de hoxe detectouse un gromo entre o persoal sanitario do Hospital Universitario de Ourense, con cinco casos positivos e no Hospital de Verín con oito casos. Xa está en marcha o protocolo de illamento e de detección de contactos de risco entre o persoal sanitario e os pacientes