Os viños de adega Quinta Gaia, veñen de ser presentado nas feiras internacionais de Riga Food-2020 (Letonia) e ATÖEwine (Shenzhen-CHINA)

Os viños  da adega Quinta Gaia, veñen de ser presentado aos sectores comerciais interesados  no comercio dos viños, en dúas feiras internacionais realízadas neste mes de setembro de 2020. Unha na Riga Food-2020,  celebrada entre os dias 9_12 de setembro  na cidade de Riga-Latvia, e a outra na a feira de viños, TÖEwine, que discorre entre os días 18,19 e 20 na cidade de Shenzhen, na República Popular de China.

A feira de Riga, ademais de contar con un número importante de visitantes a nivel particular de Letonia, Rusia, Estonia e Lituania, tamén participaron empresas destes países, produtoras e comercializadoras de viños. Os nosos viños tintos, brancos ; gustaron e foron obxecto de bos comentarios e interese por parte de posíbeis compradores. Houbo interese nos mesmo, como o demostra a solicitude de botellas para probar, así como a de prezos e sistemas de envíos. É de destacar o prezo alto dos viños importando por estes países.

AVANTAR ACTIVIDADES

Na visitas que realizamos a tendas de viños da cidade de Riga, observamos a presenza de viños doutras zonas do estado, mais nada de viños galegos.

A TÖEwine, celebrou-se na cidade de Shenzhen, entre os dias 18 e 20 de setembro, deste ano. Esta cidade esta pegada a Hong Kong, na súa parte norte, cidade das que mais crece no mundo e por definición o centro tecnolóxico da República Popular de China, alí teñen a súa sede dúas das compañías telefónicas mais grandes do mundo: Huawei y ZTE

TÖEwine, é unha exposición-plataforma para a relación entre industrias dos viños e aguardente. Abarca un espazo de 15.000metro cadrados e  participan na mesma sobre 26.000 compradores.

Foi para nos unha honra participar nesta feira, con diversos viños galegos, onde se atopan os viños de Adega Quinta Gaia.SL, que xa conta cun socio Chinés para promocionar e dar a coñecer os viños de Quinta Gaia, e de outras adegas de Galiza.

Amosaron os sectores chineses con actividade no sector do viño, alto interese por os nosos viños, pola lugar da súa procedencia, pola súa produción e elaboración, e polo tipo de empresas vitivinícolas.  Gustaron, os viños, ao ser probados. Houbo amplo interese por indagar nos mesmos e ver a posibilidade da súa importación para China.  Tamén é de destacar o interese  de diversos compradores por visitas a nosa adegas e outras adegas galegas.