A oposición de Ribadavia critica o anuncio do cambio da xestión do Asilo sen ter unha reunión previa

---------------------------------------------------------------------------------------------------------

Todos eles, PSOE, Ribeiro en Común e BNG, están de acordo en que non se pode admitir que se anuncie o seu traspaso á entidade “Mensajeros de la Paz” sen que se debatera nunca esta cuestión no seo do padroado.

---------------------------------------------------------------------------------------------------------

Sinalan que todos os membros do padroado asinaron un acordo explícito de que ningúns dos membros faría anuncios partidistas. Demandan que formalmente se proceda á convocatoria dunha xuntanza do padroado da Fundación onde se dea aos seus membros as informacións que aseguran que se están ocultando.

Aseguran que é este anuncio é grave e que non se pode mencionar o nome da ONG cando afirman que aínda non hai nada asinado nin acordos firmes enriba da mesa. Os grupos destacan que puideron chamar a atención por algúns aspectos de mala xestión do asilo e que non o fixeron por manter este acorde.

PUBLICIDADE---------------------------------------------------------------------------------------------------