O Centro Sociocomunitario do Carballiño informa da oferta de actividades programadas para este curso 2024-2025 que se levarán a cabo entre os meses de outubro a xuño.
As persoas interesadas en participar deberán inscribirse no propio centro nas datas e horarios sinalados.
Debido a alta demanda das actividades e a dificultade que as veces supón a inscrición para algunhas persoas, este ano tentarase garantir alomenos unha praza a todas as persoas maiores de 75 anos.
Deste modo as inscricións ordinarias levaranse a cabo coma sempre seguindo a orde de inscrición e realizándose nas datas e horarios indicados.
Porén as persoas maiores de 75 anos poderán inscribirse con prioridade nunha actividade física da súa elección uns días antes. Concretamente o día 12 de setembro en horario de 9:30 a 12:30 e de 16:30 a 19:30. Aquelas persoas que desexen participar en máis dunha actividade deberán seguir o procedemento ordinario no resto de actividades ás que opten.
Asimesmo este ano incrementouse o número de prazas nun intento de cubrir a demanda existente na actualidade.
As actividades, datas e horarios poden consultarse con máis detalle nos documentos adxuntos pero a oferta anual consiste en Teatro, canto e pandereta, 4 grupos de estimulación cognitiva, 3 de ximnasia de mantemento, 6 de pilates, 3 de ioga, 1 de cachibol, 1 de Bodibalance, 2 de zumba, 1 de aeróbic latino, 1 de baile latino e 3 de baile moderno.