O BNG do Carballiño denuncia deixamento e falta de previsión do goberno PP-PSOE co servizo de conciliación familiar ‘Divertiño’, reclamando unha maior oferta de prazas, diante do gran número de familias que o solicitaron e que ficaron en lista de agarda. Así mesmo reivindican a creación dun servizo público similar para familias con crianzas de idades comprendidas entre os 0 e 3 anos.
Ao respecto, o responsábel local do BNG, Manuel Chan ven de rexistrar unha solicitude no rexistro do concello, na que se fai eco da demanda veciñal das familias con nenas e nenos de 3 e 12 anos de idade que solicitaron o Divertiño para os meses de verán e que, cumprindo cos requisitos necesarios, viron como ficaban sen praza ao teren unha limitación en número de tan só 60. Estas familias que, reiteran, cumprían coas características esixidas polo servizo veranse obrigadas a servizos privados ou á axuda familiar para poderen compaxinar a súa vida laboral, coa atención ás súas crianzas durante o período do verán.



OS MELLORES ESTABLECEMENTOS
Na solicitude do BNG solicítase o aumento do número de prazas ofertadas ate dar cobertura total á demanda, así como a creación dun servizo semellante para as familias traballadoras con cativos de entre 0 e 3 anos de idade. Segundo argumenta Manuel Chan, non existe ningún impedimento para atender esta solicitude. Nin a de locais, posto que durante o verán os centros escolares do concello quedan baleiros, podendo ser utilizados previa aprobación dos respectivos consellos escolares; nin a orzamentaria pois, pleno tras pleno, asistimos a modificacións de crédito por parte do goberno, podendo solucionarse coa aprobación dunha addenda no contrato coa empresa do servizo para o aumento das prazas .
“O que fai falla é vontade política para pórlle solución a este problema. Ningunha familia do Carballiño debe ficar excluída deste servizo”, subliña o responsábel local do BNG. E engade que “un goberno que sobe as taxas de xeito desproporcionado, como fai o do PP-PSOE do
Carballiño, e que sofren a veciñanza e as empresas no seu peto, como as recentes subidasde lixo e auga, e a súa vez nega servizos a familias o único que acaba provocando é avellentamento da poboación posto que aquelas familias mozas que puidesen asentarse no
concello, obviamente elixirán outros cuns servizos modernos e dignos para a crianza das súas fillas e fillos”.

















