A carballiñesa Lucía Carballeda coliderará a consultora líder no mundo en ingresos Edelman

A consultora de comunicación Edelman álzase como a máis grande do mundo por ingresos. Lucía Carballeda e Pelayo Alonso eran ata o de agora directora de Reputación e o director de Marca da axencia. Este cambio é un dos avances cos que queren consolidar unha nova estrutura da empresa.

Publicidade

Con máis de 16 anos de experiencia, a carballiñesa Lucía Carballeda é licenciada en Publicidade e Relacións Públicas e conta cun máster en Comunicación Corporativa pola Universidade Pontificia de Salamanca e un prostrado en desenvolvemento directivo. Leva 13 anos en Edelman, fortemente vinculada a proxectos de reputación e crise para compañías nacionais e multinacionais.