A Confederación continúa cos traballos nas marxes do Río Arenteiro

Ó longo deste ano 2020 actuarán en máis de 5,6 quilómetros no río Arenteiro e a inversión total superará os 20.000 euros. Neste momento, unha brigada de catro operarios especializados e un capataz traballan en Paradela.

Na zona detectouse abundante vexetación arbórea e arbusiva e árbores con risco de caída sobre o cauce do río, o que podería dificultar o transcurso do caudal e provocar tapóns e inundacións e fincas colindantes. Para evitar estos problemas traballase na limpeza do cauce. Os resos vexetais retirados traspórtanse ó xestor autorizado.                                                      

AVANTAR ACTIVIDADES

“A ausencia de chuvias permitenos continuar traballando nos ríos, co obxetivo de aminorar os riscos de inundacións e avenidas en momentos de intenso caudal”, explicou Quiroga.