Marina Ortega esíxelle á Xunta que explique as medidas preventivas e a situación dos traballadores da residencia de Barbadás

Publicidade ASPADISI

Marina Ortega reclama información sobre os recursos, protocolos e actuacións implementadas, “así coma os datos diarios de contaxios por cada centro residencial”

A portavoz de Política Social do Grupo Socialista, Marina Ortega, presentou hoxe unha batería de iniciativas parlamentarias nas que lle esixe á Xunta de Galicia que dea conta no Parlamento das medidas preventivas e da situación da plantilla de traballadores e traballadoras das residencias de maiores, sinaladamente na de Barbadás.

HIPER MASIDE

A responsable socialista reclama coñecer “os recursos, protocolos e actuacións levadas a cabo, así coma dos datos diarios de contaxios por covid-19 por cada centro residencial. Advirte que a situación rexistrada na residencia Nosa Señora dos Milagres, na localidade ourensá de Barbadás, con máis de 60 positivos detectados nun só día, “evidencia que a actuación da Consellería de Política Social está a fallar na forma de proceder”.

Ortega considera “urxente coñecer os antecedentes de actuación da Consellería no propio centro antes de aparecer os contaxios”, polo que reclama información “sobre se houbo medidas preventivas, e sobre todo medidas no incremento do persoal”. Apunta que “é urxente que se aporte toda a información en sede parlamentaria para dar conta á cidadanía, unha información que debe ser pública e incluír os datos de contaxios por cada centro de atención residencial”.

PROPOSICIÓN NON DE LEI

Á Mesa do Parlamento

O Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia, por iniciativa da súa deputadas e do seu deputados, Marina Ortega Otero,  Carmen Rodríguez Dacosta, Juan Carlos Francisco Rivera e Julio Torrado Quintela, a través do seu portavoz, e ao abeiro do disposto no artigo 160 do Regulamento da Cámara, presentan ante esa Mesa a seguinte Proposición non de lei en Pleno.

Exposición de motivos

En Galicia, dende o inicio da pandemia 374 persoas maiores perderon a vida a consecuencia da Covid-19 en centros residenciais de maiores. Achegámonos a metade do total de falecementos por coronavirus desta pandemia no contexto residencial.

Nas últimas 24 horas Galicia rexistrou 613 contaxios novos e suben os casos activos  a  6.766,  o  que  supón  o  peor  dato  dende  o  inicio  da  pandemia.  A provincia de Ourense atópase inmersa nun proceso de alerta máxima (nivel 3) motivada  pola  pandemia  da  Covid-19.  Neste  momento  parte  da  provincia atópase con medidas moi restritivas e confinamento perimetral.

Os centros de atención residencial configuran o núcleo máis vulnerable neste contexto, polo que se precisan parámetros claros e obxectivos na forma de actuar.

Na segunda onda da pandemia en Ourense tres residencias están a sufrir contaxios masivos e de xeito abrupto, en concreto a residencia de Pereiro, o de Val de Monterrei, e Nosa Señora do Viso en Lobeira. A primeira foi intervida pola Xunta tralo contaxio de practicamente a totalidade de usuarios do centro.

Onte coñeceuse un novo centro residencial foco dun contaxio masivo, en concreto máis de 60 positivos nun só día, pero é realmente significativo que dito centro residencial é de xestión pública directa, dependente da Consellería de Política Social, na residencia Nosa Señora dos Milagres en Barbadás.

É urxente coñecer os antecedentes de actuación da consellería no propio centro antes de aparecer os contaxios. Coñecer se houbo medidas preventivas, e sobre todo medidas no incremento do persoal. Este centro residencial evidencia que a actuación da Consellería de Política Social está a fallar na forma de proceder neste contexto, polo que é urxente que se aporte toda a información en sede parlamentaria para dar conta a cidadanía. E como non, esa información debe ser pública e incluír os datos de contaxios por cada centro de atención residencial.

Polo exposto, o Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia presenta a seguinte Proposición non de le.

“O Parlamento de Galicia insta a  Xunta de Galicia a que aporte a información en canto ás accións preventivas nos centros de atención residencial de maiores, coma no Centro de Nosa Señora dos Milagres en Barbadás. Información que conste dos recursos, protocolos e actuacións levadas a cabo así coma dos datos diarios de contaxios por Covid-19 por cada centro residencial.”

Pazo do Parlamento, 27 de outubro de 2020

Asdo.: Marina Ortega Otero Carmen Rodríguez Dacosta Juan Carlos Francisco Rivera Julio Torrado Quintela

Deputadas e deputados do G.P. dos Socialistas de Galicia

Asdo.: Gonzalo Caballero Miguez

Portavoz do G.P. dos Socialistas de Galicia

INTERPELACIÓN

Á Mesa do Parlamento

Marina Ortega Otero,  Carmen Rodríguez Dacosta, Juan Carlos Francisco Rivera  e  Julio  Torrado  Quintela,  deputadas  e  deputados  pertencentes  ao Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia, e ao abeiro do disposto no artigo 147 do Regulamento da Cámara, presentan ante esa Mesa a seguinte Interpelación.

En Galicia, dende o inicio da pandemia 374 persoas maiores perderon a vida a consecuencia da Covid-19 en centros residenciais de maiores. Achegámonos a metade do total de falecementos por coronavirus desta pandemia no contexto residencial.

Nas últimas 24 horas Galicia rexistrou 613 contaxios novos e suben os casos activos  a  6.766,  o  que  supón  o  peor  dato  dende  o  inicio  da  pandemia.  A provincia de Ourense atópase inmersa nun proceso de alerta máxima (nivel 3) motivada  pola  pandemia  da  Covid-19.  Neste  momento  parte  da  provincia atópase con medidas moi restritivas e confinamento perimetral.

Os centros de atención residencial configuran o núcleo máis vulnerable neste contexto, polo que se precisan parámetros claros e obxectivos na forma de actuar.

Na segunda onda da pandemia en Ourense tres residencias están a sufrir contaxios masivos e de xeito abrupto, en concreto a residencia de Pereiro, o de Val de Monterrei, e Nosa Señora do Viso en Lobeira. A primeira foi intervida pola Xunta tralo contaxio de practicamente a totalidade de usuarios do centro.

Onte coñeceuse un novo centro residencial foco dun contaxio masivo, en concreto máis de 60 positivos nun só día, pero é realmente significativo que dito centro residencial é de xestión pública directa, dependente da Consellería de Política Social, na residencia Nosa Señora dos Milagres en Barbadás.

É urxente coñecer os antecedentes de actuación da consellería no propio centro antes de aparecer os contaxios. Coñecer se houbo medidas preventivas, e sobre todo medidas no incremento do persoal. Este centro residencial evidencia que a actuación da Consellería de Política Social está a fallar na forma de proceder neste contexto, polo que é urxente que se aporte toda a información en sede

parlamentaria para dar conta a cidadanía. E como non, esa información debe ser pública e incluír os datos de contaxios por cada centro de atención residencial.

Polo  exposto,  as   deputadas   e   deputados  asinantes   formulan   a   seguinte

Interpelación.

1.ª) Cales son os parámetros ou protocolo obxectivo, que se levaron a cabo antes dos contaxios na residencia Nosa Señora dos Milagres en Barbadás?

2.ª) Cales son os medios materiais e humanos que se habilitan por parte da

Administración competente no centro?

3-ª)Por que non se facilitan os datos de contaxios por cada residencia xunto os datos de contaxios totais a diario?

Pazo do Parlamento, 27 de outubro de 2020

Asdo.: Marina Ortega Otero Carmen Rodríguez Dacosta Juan Carlos Francisco Rivera Julio Torrado Quintela

Deputadas e deputados do G.P. dos Socialistas de Galicia

Pregunta para a súa resposta oral en Pleno.

Marina Ortega Otero,  Carmen Rodríguez Dacosta, Juan Carlos Francisco Rivera  e  Julio  Torrado  Quintela,  deputadas  e  deputados  pertencentes  ao Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia, e ao abeiro do disposto no artigo 152 do Regulamento da Cámara, presentan ante esa Mesa a seguinte Pregunta para a súa resposta oral en Pleno.

En Galicia, dende o inicio da pandemia 374 persoas maiores perderon a vida a consecuencia da Covid-19 en centros residenciais de maiores. Achegámonos a metade do total de falecementos por coronavirus desta pandemia no contexto residencial.

Nas últimas 24 horas Galicia rexistrou 613 contaxios novos e suben os casos activos  a  6.766,  o  que  supón  o  peor  dato  dende  o  inicio  da  pandemia.  A provincia de Ourense atópase inmersa nun proceso de alerta máxima (nivel 3) motivada  pola  pandemia  da  Covid-19.  Neste  momento  parte  da  provincia atópase con medidas moi restritivas e confinamento perimetral.

Os centros de atención residencial configuran o núcleo máis vulnerable neste contexto, polo que se precisan parámetros claros e obxectivos na forma de actuar.

Na segunda onda da pandemia en Ourense tres residencias están a sufrir contaxios masivos e de xeito abrupto, en concreto a residencia de Pereiro, o de Val de Monterrei, e Nosa Señora do Viso en Lobeira. A primeira foi intervida pola Xunta tralo contaxio de practicamente a totalidade de usuarios do centro.

Onte coñeceuse un novo centro residencial foco dun contaxio masivo, en concreto máis de 60 positivos nun só día, pero é realmente significativo que dito centro residencial é de xestión pública directa, dependente da Consellería de Política Social, na residencia Nosa Señora dos Milagres en Barbadás.

É urxente coñecer os antecedentes de actuación da consellería no propio centro antes de aparecer os contaxios. Coñecer se houbo medidas preventivas, e sobre todo medidas no incremento do persoal. Este centro residencial evidencia que a actuación da Consellería de Política Social está a fallar na forma de proceder neste contexto, polo que é urxente que se aporte toda a información en sede

parlamentaria para dar conta a cidadanía. E como non, esa información debe ser pública e incluír os datos de contaxios por cada centro de atención residencial.

Polo exposto, as deputadas e deputados asinantes formulan a seguintes pregunta

Cales son os parámetros ou protocolo obxectivo, que se levaron a cabo antes dos contaxios na residencia Nosa Señora dos Milagres en Barbadás?