A veciñanza de Castrelo de Miño, comenza a sufrir as novas políticas do goberno frankenstein
 co ilexítimo á cabeza destes despropósitos. En pouco máis dun mes de mandato, cancelaron o
 servizo do Castrelo Bus, que achegaba aos veciños máis desfavorecidos do noso concello a facer os recados do día a día, como ir ao médico, á farmacia, ao banco ou á compra. 

Levamos máis dunha semana sen dito servizo co conseguinte mal estar na veciñanza.
 Non contentos con iso, tampouco puxeron en marcha as actividades extraescolares das que
 gozaban os cativos do CEIP de Castrelo de Miño, nin as actividades deportivas para os veciños
 máis maiores que desfrutaban dende hai moitos anos. Por non falar da paralización da posta en  marcha do servizo de madrugadores que ía comenzar en setembro co goberno do BNG.
 
			 
		 
 

 
 
 
 
















