O BNG amósase contrario á decisión do goberno local de prohibir as polbeiras e polbeiros nas rúas de Ourense

Publicidade ASPADISI

Na mañá deste domingo vimos de coñecer que o novo concelleiro do goberno local do Concello de Ourense, Telmo Ucha, comunicou que alomenos ata o vindeiro mes de decembro, as polbeiras e polbeiros que tradicionalmente ocupaban as rúas da cidade sobre todo os fins de semana, xa non o poderan seguir facendo.

O Grupo Municipal do BNG no Concello de Ourense non comparte a decisión. O sector representan unha das máis fondas e arraigadas tradicións de Ourense, ao tempo de nos identifica e nos fai únicos. Tradición amplamente seguida por centos e centos de ourensáns que teñen nas polbeiras e polbeiros un referente gastronómico sobor de todo os fins de semana.

HIPER MASIDE

O BNG destaca que desde o estourido da pandemia, este sector adoptou desde o primeiro momento todas e cada unha das medidas sanitarias impostas e cumpriu con todos os protocolos establecidos.

Para os nacionalistas os argumentos que se poden esgrimir para a sua prohibición non son suficientes, xa que estamos falando dun sector que desenvolve a súa actividade ao aire libre, onde é moito mais doado manter as distancias de seguridade e cumprir coas medidas sanitarias.

Se o argumento é a concentración de persoas, lembran desde o BNG, que o propio sector afirma traballar baixo encarga, polo que os tempos de agarda nos postos e moi reducido, e ademáis, inciden os nacionalistas, se ese é o argumento, o goberno local deberá tomar a mesma decisión con outros moitos establecementos nos que as colas nas rúas para acceder aos locais son tamén unha constante. Mesmo o son na propia Praza Maior para acceder ao concello por parte dos cidadáns que agardan para a realización de diversos tramites.

Por todo elo, desde o Grupo Municipal do BNG no Concello de Ourense, pídenlle ao goberno local, e en concreto ao concelleiro Telmo Ucha, que reconsidere a súa decisión, e permita que as polbeiras e polbeiros volvan a ocupar os seus lugares nas rúas de Ourense.