A Deputación aproba achegas para actividades culturais e de cooperación cos concellos e modificacións no Plan de cooperación

Rolda de prensa de Manuel Baltar (Presidente da Deputación Ourense):
IES CHAMOSO LAMAS

A Xunta de Goberno da Deputación de Ourense, presidida por Manuel Baltar, aprobou hoxe, na reunión celebrada por videoconferencia, axudas a modificación do Plan Provincial de Cooperación relativa ás obras da rede viaria provincial do exercicio 2019, acordando a baixa das seguintes obras: “Proxecto construtivo do acceso ao núcleo de San Vicente desde a OU-0807, no Concello de Vilamartín de Valdeorras”, cun orzamento de 111.200 euros; “Mellora de firme e afirmado en sobreanchos na OU-0701, no Concello de A Proba de Trives”, cun orzamento de 150.000 euros; “Substitución de obra de paso existente na OU-1110, no Concello de Calvos de Randín”, cun orzamento de 180.000 euros; “Acondicionamento e mellora integral na OU-0509, no Concello de Esgos”, cun orzamento de 260.000 euros; “Acondicionamento e mellora integral na OU-0214, no Concello de Ramirás”, cun orzamento de 48.400 euros; e “Instalación de semáforos na OU-0517, no Concello de San Cibrao das Viñas”, cun orzamento de 48.395 euros.

HIPER MASIDE

Tamén se aprobou incorporar ao Plan provincial de cooperación a obra “Acondicionamento e mellora integral na OU-0210, Leirado (OU-0209)–Pontedeva (OU-0213, no concello de Quintela de Leirado, cun orzamento de 86.679 euros; e a modificación do Plan provincial para incorporar a obra “Acondicionamento interior do centro social de Alén”, no Concello de Beariz, cun orzamento total de execución de 12.000 euros.

Asemade, a Xunta de Goberno aprobou unha subvención por importe de 35.000 euros para Sarabela, S.L., para a celebración da FITO e da MITEU 2020; e tamén chegas económicas para os concellos da Veiga, Piñor e Chandrexa de Queixa e para as mancomunidades de concellos de Ourense e do Carballiño para gastos de funcionamento das entidades e para obras de infraestruturas e proxectos forestais e medioambientais.