Ribadavia e Carballiño suman novos casos ós brotes rexistrados nos pasados días

Se o pasado xoves informabamos de que a área de atención primaria do Carballiño, que inclúe os concellos da comarca excepto Cea e Piñor, levaba o seguimento de 37 casos de coronavirus, ao peche da xornada do domingo o número ascendía aos 63 casos activos e na xornada de hoxe pasan dos 70.

Esta semana xurdiron no Carballiño tres brotes, un de carácter social de seis persoas, dous homes de 33 anos e un de 26 e dúas mulleres de 22 e unha de 27. Hoxe incrementase nun caso máis dun home de 27. Outro brote de nove casos, social e familiar, de dous homes e sete mulleres (entre 47 e 66 anos), hoxe incorpora un caso máis cun neno de 10 anos; e outro brote familiar que afecta a 3 persoas, un home de 46 e dúas mulleres de 41 e 33 anos.

O Grupo Municipal de Emerxencias deberá ser reorganizado, tras detectarse dous positivos por Covid 19 entre os seus integrantes.

Publicidade Premer na Imaxe

Aínda así, o concello garante que se seguirán efectuando as desinfeccións dos accesos aos centros educativos, centro de saúde, concello e demais espazos públicos da vila, que realiza diariamente o grumir.

No Carballiño seguimos a ver a consecuencia desta situación na economía. Aínda que na maioría son bares ou restaurantes os que voluntariamente tomaron a decisión de pechar por contacto cun positivo, tamén hai comercios doutros sectores. Na xornada de hoxe súmanse a este peche dous locais máis, rondando xa a decena.

Tamén se rexistrábase en AVIÓN un brote de 4 casos, unha muller de 65 e unha de 46 e dous menores, e hoxe incorpora a un mozo de 20 anos. En RIBADAVIA, o gromo de 14 persoas increméntase cun novo positivo, rexistrando a tres nenos de 14, 13 e 15 e dúas mulleres de 44 e 42 e unha moza de 18 anos.