Gómez Reino pregunta pola situación de diversos proxectos de creación e renovación de estradas da provincia de Ourense

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

Galicia en Común vén de presentar unha iniciativa na Cámara Baixa para coñecer a situación de máis dunha ducia de proxectos vinculados a diversas estradas da provincia de Ourense. O voceiro e deputado da formación pregunta pola situación dos tramos A Veiga de Cascallá-O Barco de Valdeorras Leste, así como do tramo Requeixo-A Veiga, ambos da A-76. Entre as estradas polas que se pregunta atópanse a A-56 no tramo que une a cidade das Burgas con Lugo ou a rehabilitación do firme do punto quilométrico 210,2 ao 217 no tramo entre Sandiás e Allariz.

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

Na iniciativa presentada polo grupo parlamentario pregúntase, entre outros, polos proxectos das sendas peonís en Razamonde, no concello de Cenlle. Así mesmo, tamén se solicita información sobre a rehabilitación do firme na A-52, a autoestrada que vertebra a provincia de Ourense, entre os quilómetros 112,2 e o 138.