A aplicación galega PassCOVID estará en marcha dende mañá

Mañá sábado 17 de outubro ponse en marcha a aplicación PassCOVID. Ofrecerá información actualizada da situación da pandemia en toda a Comunidade, coa opción de seleccionar o concello que lle interese ao usuario para consultar as restricións e medidas vixentes nese momento. E comunicará sobre as alertas, os avisos e as recomendacións que as autoridades sanitarias emitan sobre a evolución da covid-19.

Se o usuario foi identificado como contacto estreito ou diagnosticado con covid-19, este poderá informar a través da app aos seus contactos estreitos, facilitando así o labor dos rastrexadores. Ademais, poderá rexistrar aqueles establecementos onde estivera mediante o uso dun código QR específico, dispoñible en cada local para este fin.

AVANTAR ACTIVIDADES