Empeoran os datos por Covid-19 no Carballiño: 12 casos máis para un total de 173

Hoxe, o concello do Carballiño rexistra unha xornada de subida nos casos, con 12 casos mais ca onte, ata situarnos nos 173. O caso do municipio preocupa especialmente a Sanidade dentro da provincia, xa que presentou con 165 casos novos nos últimos 14 días e 93 nos últimos 7 días.

O concello de Boborás sobe 1 caso, dos 19 de onte ós 20 de hoxe e Piñor tamén sobe un caso, dos 2 de onte ós 3 de hoxe. Beariz manténse nos 6 casos, O Irixo mantense nos 8 casos, Punxín mantense con un caso e San Cristovo de Cea con 4. Maside baixa un caso, dos 6 de onte ós 5 de hoxe e San Amaro baixa dos 2 de onte a un caso hoxe.

AVANTAR ACTIVIDADES

Dende todos os concellos piden prudencia, que se limiten as saídas ó mínimo indispensable e esperan que a dureza destas medidas permitan estabilizar a situación nos próximos días.