Comunicado do Bng de Cenlle

Dende o BNG de Cenlle insistimos en solicitar novamente o baleirado,
reacondicionamento e saneamento dos decantadores situados en todo o concello, salientando os ubicados na Veiga e na Caliña, así como dos contedores do lixo presentes en todo o termo municipal.
O mal estado de ditos elementos de saneamento están xerando problemas de salubridade con verquidos e fortes cheiros para os veciños e o medio. Esta situación agrávase segundo máis avance o verán, tal e como o grupo municipal do bloque xa viña anticipando e polo que xa viña solicitando o seu arranxo dende fai máis de catro meses.
Entendemos que estas son medidas básicas de saúde pública e benestar que coa previsión e a vontade política suficiente se deben executar con solvencia e eficacia, por isto novamente reiteramos estas propostas.