Ribeiro en Común reclama que o Concello lle dea apoio ao Asilo de Ribadavia.

Presentamos unha nova Moción na que pedimos que o Alcalde deixe de ignorar a situación que vive o Asilo e aprobe darlle apoio económico e institucional desde o Concello.

Publicidade

No contexto actual tan difícil o Asilo de Ribadavia demostrou un enorme nivel de profesionalidade responsabilidade, sendo un servizo público básico para a nosa sociedade. Sen embargo non obtén ningún apoio económico do Concello.

Pola contra, o goberno gasta inxentes cantidades de diñeiro en cousas que están moi lonxe de ser prioritarias na crise social, económica e sanitaria que vivimos.

Así mesmo, Deputación e Xunta de Galicia, institución que ten as competencias en materia de Asilos, non poden seguir ignorando ao noso Asilo. Bastaría que estas dúas Administracións apoiaran ao noso Asilo da mesma maneira que o fan con outros Asilos privados da provincia.

Desde Ribeiro en Común levamos moi tempo reclamando que o Concello como Administración actúe directamente en favor do Asilo de Ribadavia. Fixémolo na lexislatura pasada, logrando aprobar unha Moción ao respecto que nunca se levou a cabo, e fixémolo no comezo da actual lexislatura, sen que tampouco se tivera en conta a nosa petición.

A nova era COVID e a dureza na que atacou a moitos Asilos en toda Galicia, a enorme e excelente labor feita polo noso Asilo, sendo un exemplo de profesionalidade, responsabilidade e saber facer, deben ser motivos suficientes para que as Administracións Públicas se involucren no Asilo de Ribadavia. Nesta terrible crise demostrouse que o modelo público funciona mellor que o privado cando se trata de xestionar dereitos básicos e servizos públicos.

Por conseguinte, consideramos que o Concello de Ribadavia debe implicarse directamente no Asilo, así pedimos: