O mosteiro de Oseira contará cun albergue para peregrinos

O albergue municipal de San Cristovo de Cea xa está de novo operativo para acoller ós peregrinos que desexen facer o camiño por esta variante. Ademais, o municipio conta con outra instalación deste servizo, ubicada dentro das dependencias do Mosteiro de Oseira. Este último albergue está sendo reformado agora, dende fai apenas uns días. A Xunta anunciou a comezos de verán unhas actuacións de preto dun millón de euros. Trátase dun espazo destinado a acoller grupos de peregrinos. A zona presentaba problemas de humidade importantes, ademais da carencia de ventilación e iluminación natural. O proxecto humanizará este espazo, converténdoo nun albergue.

Publicidade