Sanidade establece unhas medidas que restrinxen, en maior medida, a actividade de locais como bares ou restaurantes, xa que consideran que no ámbito social é onde se están producindo a maioría de brotes, xunto cos entornos familiares, ambos espazos nos que se relaxan as medidas sanitarias.
O peche das instalacións sobre todo na época máis difícil do ano para eles deixa preocupado a un sector que terá que botar o peche ata que Sanidade considere que as cifras se relaxan. Amosan preocupación pola situación económica que esto vai a ocasionar, pero tamén amosan comprensión ante a difícil situación snaitaria. Tamén consideran que houbo falla de apoio por parte das autoridades, non só verbal, tamén económico para este sector.
Pola súa parte, o comercio local viviu onte un momento de nervios, xa que as primeiras novas sobre estas medidas non aclaraban cales serían os servizos esenciais que poderían continuar a actividade. Hoxe amosan certo alivio, aínda que non será un inverno sinxelo.