O BNG defende a situación do transporte en Castrelo de Miño durante o seu mandato

O grupo do BNG en Castrelo de Miño

Tras a publicación dunha nota de prensa por parte do goberno ilexítimo de Castrelo de Miño, conformado por concelleiros do PP e tránsfugas, o BNG de Castrelo de Miño considera necesario facer as seguintes aclaracións:

Publicidade

Aseguran que o servizo de transporte municipal préstase desde o ano 2012, recalcando que foi debatido, acordado e aprobado no pleno municipal do 26 de outubro de 2011. Non contou con ningún voto en contra dos partidos da oposicion naquel intre.

Este acordo, aseguran, sometouse a exposición pública conforme  dispón  o  artigo  70.2  da  Lei/1985,  de bases  de  réxime local, e pubilicouse no Boletín oficial da provincia de Ourense o 7 de xaneiro de 2012, sin que se presentase ningunha reclamación durante todos os periodos de exposición publica, sendo polo tanto elevado a definitivo o texto íntegro da Ordenanza reguladora do prezo público  pola  prestación   do  servizo  de  transporte   municipal a través do convenio de cooperación asinado entre o concello e Protección Civil.

Durante a tramitación da ordenanza reguladora nos ano 2011 e 2012, aseguran que se solicitou por parte do Concello de Castrelo de Miño autorización a Transportes da Xunta de Galicia, que contestou naquelas datas afirmativamente á prestación do servizo. A única condición que lle puña a Xunta ao Concello era que o servizo se prestase só dentro do término municipal de Castrelo de Miño, como sempre se fixo. Polo tanto desde o BNG de Castrelo piden ó goberno local que antes de falar, busquen no arquivo municipal e no rexistro de entradas e saídas os correspondentes permisos  e documentación  oficial.

O mesmo servizo de Castrelo Bus foi visitado por multiples gobernos municipais de toda Galicia que se viñeron interesar por este servizo, e incluso no ano 2018 un responsable da Federacion Española de Municipios y provincias chegou expresamente desde a sede central de Madrid para visitar o noso concello e os servizos-modelo de conciliación, como o Castrelo-Bus.

Afirman que en 9 anos ininterrumpidos de servizo, non recibiu nin unha soa reclamación de ningún usuario nin de ningunha empresa de transportes,  xa que mantiña todos os permisos en regra e se prestaba correcta e legalmente. De feito en ningún momento ningún taxista municipal manifestou no concello este servizo influira no seu traballo, durante os 9 anos que estivo en servizo.

A única ilegalidade que se poidera ter producido neste servizo, segundo a formación, é responsabilidade do actual alcalde Avelino Pazos, que nos comezos do seu mandato decidiu prestar o servizo cun conductor novel, con L incluída, realizando un transporte público nun microbús de 9 prazas.