Gabriel Alén delegado territorial da Xunta en Ourense reúnese coa alcaldesa de Pobra de Trives e co alcalde de Parada de Sil

  • O novo representante do Goberno autonómico analizou cos rexedores de ambos municipios os temas relacionados coa administración autonómica

O delegado territorial da Xunta en Ourense, Gabriel Alén Castro, continúa coa súa rolda de encontros institucionais tras tomar posesión como novo representante da administración autonómica na área territorial.

Nesta ocasión, reuniuse coa alcaldesa do Concello de Pobra de Trives, Patricia Domínguez, e co alcalde do concello de Parada de Sil, cos que analizou as principais demandas destes municipios en relación á administración autonómica.

AVANTAR ACTIVIDADES

No caso do municipio de Pobra de Trives, os principais asuntos que repasaron foron en materia de política social, patrimonio cultural e turismo, entre outros. Neste senso, o delegado destacou recentes inversións como a creación dun parque infantil,  promoción da igualdade, mellora de infraestruturas turísticas, así coma de camiños municipais.

No caso de Parada de Sil, o delegado tivo a ocasión de analizar xunto ao seu rexedor, Aquilino Domínguez, temas prioritarios para o municipio en materia de abastecemento, turismo e servizo sociais, entre outros.

Pola súa banda, o delegado fixo balance das recentes inversións da Xunta de Galicia neste concello, destacando a reforma da casa do concello, as obras de mellora da Fábrica da Luz, así coma de camiños municipais.

Así, durante a xuntanza fixeron repaso dos grandes proxectos e necesidades que dependen da Xunta de Galicia.