O BNG de Castrelo de Miño esíxelle ao ilexítimo alcalde que restitúa a legalidade no concello.

O grupo do BNG en Castrelo de Miño

O BNG de Castrelo de Miño, vén de presentar un recurso extraordinario de revisión do pleno de organización do 31 de agosto.

Publicidade

Solicitándolle á secretaria municipal que inste ao actual “goberno frankenstein” a cumprir a lei dada a última sentenza do tribunal supremo onde clarifica o artigo 73.3.3 da Lei reguladora das Bases de Réxime Local, establecendo que os concelleiros declarados tránsfugas polo partido polo cal foron electos, e estando no grupo de “non adscritos” non poden ver mellorada a súa condición de concelleiros con respecto a cando estaban na formación orixinaria (Nin política, nin economicamente).

É dicir, non poden formar parte do goberno municipal nin percibir por elo adicación algunha.
O grupo nacionalista de Castrelo de Miño, esíxelle ao ilexítimo alcalde que cese inmediatamente ao 1º e ao 3º tenentes de alcalde.

E que lles retire cantas concellerías lles asignou, así como as representacións en órganos colexiados e asistencia a xuntas de goberno locais.


No senso das adicacións percibidas polo 3º tenente de alcalde, ou polo cobro da asistencia a xuntas de goberno local por parte do 1º tenente de alcalde, deberán ser devoltas ao concello esas cantidades, por ser nulo de pleno dereito o pleno de organización feito o 31 de agosto.

RECURSO EXTRAORDINARIO DE REVISIÓN

Que por medio do presente escrito interpón RECURSO EXTRAORDINARIO DE REVISIÓN en tempo e forma, contra ao Pleno de organización de data 31 de agosto de 2020 celebrado no Concello de Castrelo de Miño no que se nomea a Francisco Pérez Iglesias primeiro tenente de Alcalde, e a Jaime Fontanes Villamarín como terceiro tenente de Alcalde cunha adicación de 23.000 euros/ano, sendo ambos os dous concelleiros tránsfugas e estando no grupo de non adscritos, todo isto en base ás seguintes

ALEGACIÓNS

Primeiro.- Interponse o presente recurso extraordinario de revisión en base ao establecido no artigo 125.1 b) da Lei 39/2015, de 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas. Baséase este recurso na Sentenza do Tribunal Supremo de 26 de outubro de 2020 que determina que os concelleiros non adscritos non poden asumir novos cargos ou retribucións que supoñan melloras políticas ou económicas.

Segundo.- Con data de 11 de agosto de 2020 lévase a cabo unha moción de censura no concello de Castrelo de Miño, pola que sae elixido como Alcalde Avelino Pazos Pérez do Partido Popular co apoio dos outros dous membros do seu partido e dos dous concelleiros tránsfugas non adscritos mencionados con anterioridade. Os dous concelleiros non adscritos foron declarados tránsfugas polo seu partido e expulsados do seu grupo de procedencia, o PSdeG-PSOE, polo que tiveron que ir ao grupo de non adscritos. Dende alí apoiaron unha moción de censura e obtiveron melloras políticas e económicas contra o criterio do seu grupo de procedencia.

Terceiro.- Con data de 31 de agosto de 2020 realízase no Concello de Castrelo de Miño o Pleno de organización polo que Francisco Pérez Iglesias pasa a ostentar a primeira tenencia de Alcaldía, e Jaime Fontanes Villamarín pasa a ostentar a terceira tenencia de Alcaldía e cunha adicación de 23.000 euros/ano.

Cuarto.- Con data de 26 de outubro de 2020, o Tribunal Supremo, Sala Terceira do Contencioso Administrativo, dita a Sentenza 1401/2020. Na sentenza sinálase que “El artículo 73.3.3º de la LRBRL establece limitaciones en el ejercicio de derechos políticos y económicos por los concejales no adscritos. Tal regulación trae su causa del Acuerdo 7 de julio 1998 firmado por diversos partidos políticos, del documento de 26 de septiembre de 2000 por el se renueva ese Acuerdo y por la II adenda al mismo de 26 de mayo de 2006, de los que se deduce sin matiz una idea de censura a lo que se denomina transfuguismo.“ E continúa a Sentenza analizando a xurisprudencia en torno ao devandito artigo determianndo que “Por el contrario, el artículo 73.3.3º de la LRBRL disuade de que el pase a la condición de concejal no adscrito, por incurrir en transfuguismo, suponga un incremento o mejora del estatus, y se toma como referencia aquellos beneficios políticos o económicos distintos de los indisponibles por ser consustanciales a la condición de concejal.

Así el citado precepto toma como término de contraste los que ostentaba el concejal cuando estaba integrado en un grupo político y que abandona, de forma que tras ese abandono y consiguiente pase a la condición de concejal no adscrito no puede aumentarlos como contraprestación.“ Finalmente establece a Sentenza que “Por el contrario el pase a la condición de concejal no adscrito, como consecuencia o por razón de un supuesto de transfuguismo, sí impide que se asuman cargos o que perciban retribuciones que antes no ejercía o percibía e impliquen mejoras personales, políticas o económicas. Queda excluida de esta limitación la incorporación a las comisiones informativas.”

Quinto.- Á vista do anteriormente exposto, resulta de aplicación esta Sentenza ao sucedido na presentación da moción de cesura no Concello de Castrelo de Miño e as posteriores decisións de organización do Concello, pois os dous concelleiros non adscritos asumiron cargos e retribucións que melloraron a súa condición política e económica que de ter permanecido no seu grupo de procedencia non se tivesen alcanzado, cuestión que coincide plenamente co analizado na Sentenza do Tribunal Supremo.

Sexto.- Así as cousas debe considerarse nulo de pleno dereito o Acordo polo que se nomea primeiro tenente de Alcalde e terceiro tenente de Alcalde aos concelleiros tránsfugas e non adscritos da corporación así como a adicación de 23.000 euros para un deles, e debe así mesmo considerarse nulo de pleno dereito a súa participación ou cobro en calquera órgano de goberno que non se axuste á súa condición de concelleiros non adscritos, como é a participación nas xuntas de goberno local, a representación do concello nos órganos colexiados, e o nomeamento de concelleiros do grupo de goberno con áreas de xestión asignadas.

Polo exposto

SOLICITO

que se teña por presentado este escrito, e na súa virtude se teña por interposto recurso extraordinario de revisión, contra o Pleno de organización de data 31 de agosto de 2020 celebrado no Concello de Castrelo de Miño no que se nomea a Francisco Pérez Iglesias primeiro tenente de Alcalde, e a Jaime Fontanes Villamarín como terceiro tenente de Alcalde e cunha adicación de 23.000 euros/ano, sendo ambos os dous concelleiros tránsfugas e do grupo de non adscritos, e en base ao mesmo sexa ditada resolución pola que se declare a nulidade de pleno dereito dos nomeamentos e retribucións que ostenten por pertenza a órganos de goberno dos que non poidan participar dada a súa condición de concelleiros tránsfugas e non adscritos. Así como a devolución íntegra de todos os cobros feitos por estes dous concelleiros de forma irregular e ilegal.