Dende as 09:00 horas desta mañá, dúas enfermeiras fixeron un cribado entre os alumnos maiores de idade do IES Manuel Chamoso Lamas. Tratábase dunha lista de 70 rapaces que superaban os 18 anos, dos que só puideron facer a probar sobre 60 dado que os restantes están en cuarentena ou non acudiran ás aulas nesta xornada. Os resultados daranse a coñecer nos próximos días, aínda que como son maiores de idade, recibirán eles mesmos o resultado, aínda que o centro deberá estar ó corrente da situación do alumnado.