Volven as Xociviga a última semana do mes de xullo, con programación ampliada

IES CHAMOSO LAMAS

Un ano máis volven as Xociviga (Xornadas de Cinema e Vídeo de Galicia) ao Carballiño, previstas para a última semana do mes de Xullo, do Mércores 27 ao Domingo 31. O festival de cinema amplía a súa programación, con ao redor de 10 sesións cinematográficas entre as que contarán con: proxeccións de Cinema Infantil e Cinema de Tarde no Auditorio Manuel María, e sesións de Cinema ao aire libre, na Praza da Veracruz.

Ademais amplíase o apartado formativo, este ano con dúas masterclass impartidas por directores/ as de relevancia nacional. Nas próximas semanas a organización concretará os títulos das películas así como o calendario oficial.

SPORTUR GALICIA 2022

Esta edición volverá contar co concurso de curtametraxes de ficción e documental, no que poderán participar pezas de autores e autoras galegos/as. Haberá tres premios: Primeiro premio e Segundo premio , dotados de 600€ e 300€ respectivamente, que serán entregados por un Xurado profesional; e un Premio do Xurado Novo dotado de 100€. As bases para participar no concurso poden atoparse nas redes sociais do festival.