Presentación da exposición que conmemora o centenario de Nós, organizada por La Región

Inauguración da Exposción “NÓS, nace en Ourense hai 100 anos. 1920-2020” no Centro Cultural "Marcos Valcarcel" e situada os cubos que forman parte da Expo na rúa do Paseo de Ourense. Asisiten Manuel Baltar (Presidente da Deputación Ourense), Maribel Outeiriño (Curadora da Exposicion), Gabriel Alén Castro (Delegado territorial da Xunta en Ourense) e Sechu Pastoriza (Director de La Región).

O centro cultural “Marcos Valcárcel” acolleu esta tarde a presentación da exposición organizada por La Región que conmemora o centenario do primeiro número da revista Nós. O acto contou coa participación do presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar; o delegado da Xunta en Ourense, Gabriel Alén; o director do xornal La Región, José Pastoriza, e a comisaria da mostra, Maribel Outeiriño.  

A exposición, que pode contemplarse na rúa do Paseo, consta de cubos ilustrativos que percorren por medio de textos, fotografías e documentos os aconteceres da que foi a publicación guía do pensamento e do ideario galeguista, marcando a vangarda cultural, política e social daquela época, entre 1920 e 1935. 

AVANTAR ACTIVIDADES

Manuel Baltar destacou coa frase “Ourense: sempre Nós” “o espírito que alumeou a toda unha xeración e aos tempos seguintes, e mesmo hoxe en día, coa intelectualidade da nosa cultura como sinal identitario do noso”. A mostra, denominada “Nós naceu en Ourense hai 100 anos (1920/2020), conta co co-patrocinio da Deputación de Ourense e poderá contemplarse ata o vindeiro 30 de novembro.