O Carballiño sobe hoxe tres casos, ata situarse nos 58

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

O Concello do Carballiño sofre hoxe outra xornada de subida, despois dunha fin de semana moi esperanzadora na que se baixaron máis de 20 casos activos. Hoxe hai tres casos activos máis, pasando dos 55 de onte ós 58 de hoxe. Esto quere dicir que hoxe os novos contaxios superan o número de altas.

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

Estes datos fan que haxa que ter presente que non se pode baixar a garda. O ritmo de altas é bo e as cifras totais están descendendo, facendo que se dobregue a curva.

O resto de concellos da comarca presentan unha situación bastante estable. San Cristovo de Cea suma un caso, pasando dos 8 ós 9. Pola contra, Boborás baixa un caso, dos 9 ó 8 de hoxe. Os demáis manteñen as mesmas cifras: Beariz conta con tres casos activos; Piñor conta con seis casos activos e O Irixo, Maside, Punxín e San Amaro, con dous casos cada un deles.