A estructura socio-laboral outorga a Ourense unha maior resistencia en ocupación na pandemia

Ás 11.00 horas: Observatorio Económico Ourensán.- Presentación dos resultados do Observatorio Económico Provincial sobre a crise económica do COVID-19. Participan: o presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, e o profesor Andrés Mazaira, coordinador do Observatorio. Debido ás medidas de protección fronte ao COVID-19 a cobertura informativa (redactores e gráficos) realizarase exclusivamente por vía telemática a través da web da Deputación de Ourense (enlace: http://depourense.seneca.tv/live). As preguntas poden formularse durante a rolda de prensa a través de WhatsApp ao número: 609 861 975 (Fernando R. Méndez).

Os efectos da crise revelan un novo escenario socioeconómico na provincia: taxa de ocupación, de 16 a 65 anos, máis alta da última década; e descenso do número de pensionistas mantendo a nómina global

Publicidade

Manuel Baltar e o profesor Andrés Mazaira presentaron hoxe o informe do Observatorio Económico Ourensán sobre a crise económica do COVID-19

O Observatorio Económico Ourensán ( OEOu) -iniciativa da Deputación de Ourense para analizar a situación socio-económica da provincia- revela no seu novo estudo sobre o impacto da crise do COVID-19 que a estrutura socio-laboral outorga a Ourense unha maior resistencia en ocupación na primeira fase da pandemia. Os efectos da crise revelan un novo escenario socioeconómico da provincia: taxa de ocupación, entre 16 e 65 anos, máis alta da última década; e descenso do número de pensionistas mantendo a nómina global.

O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, e o profesor Andrés Mazaira, presentaron hoxe o informe do OEOu sobre a crise económica do COVID-19, no que destaca que a estrutura socioeconómica provincial e a evolución dos últimos datos sobre o emprego demostran a capacidade de resistencia de Ourense fronte aos efectos da crise do coronavirus.

Baltar valora que na nosa estrutura de emprego provincial “temos máis empresarios e traballadores por conta propia que a media de Galicia”, e neste sentido destacou “o apoio da Deputación de Ourense aos sectores de autónomos, comerciantes e Pemes”. O presidente do goberno provincial dixo que estes datos “oriéntannos para estar atentos ás necesidades e a dar a maior cobertura posible ás persoas. Son datos que revelan que algo está a cambiar nos nosos comportamentos, que hai novas perspectivas, unha economía social que se transforma, e que Ourense avanza por un camiño diferenciado da súa contorna”.

As consecuencias da pandemia deixan en Ourense un pouso menos lesivo que noutras provincias. Así o recolle o Observatorio, que elabora as súas conclusións partindo dos datos de fontes oficiais, entre eles a Enquisa de Poboación Activa (EPA), paro rexistrado no Servizo Público de Emprego Estatal ( SEPE) ou afiliacións á Seguridade Social. O peso das achegas directas das administracións aos 26.400 empregados públicos da provincia ou as preto de 100.000 persoas que perciben algunha pensión, dan unha cobertura significativa e singularizada á poboación. Non en balde, os beneficiarios das pensións en Ourense repártense ao redor dos mil millóns de euros anuais.

Pola súa banda, Andrés Mazaira resumiu que hai un conxunto de factores, “como a menor dependencia de sectores como o turístico, a fortaleza do sector agroalimentario ou a estabilidade que producen, en termos de ocupación e rendas, os empregados e as transferencias publicas directas, que, no curto prazo e a diferenza doutros territorios, dotan á economía ourensá dunha maior inelasticidad #ante as modificacións bruscas dos ciclos económicos”.

Polo que á economía produtiva refírese, as cifras da EPA do terceiro trimestre elevan a 115.700 as persoas ocupadas, 6.300 máis que no trimestre anterior e 4.600 máis que a medición da EPA do terceiro trimestre do ano 2019. En termos comparativos, sobre o segundo trimestre, o crecemento de ocupados é dun 5,76 %, fronte ao 3,07 % de Galicia e o 3,06 % de España. Na taxa interanual Ourense crece un 4,14 %, ao contrario que en Galicia e en España, onde se constatan caídas do -2,09 % e do -3,51 %, respectivamente. É dicir, recupéranse os ocupados perdidos durante o primeiro confinamento e supéranse os do mesmo período do 2019. (táboa I e gráfico I)

Enlace para descargar informe completo e gráficos: https://bit.ly/38juo3l