Un decreto da alcaldía autoriza os pagos das axudas da Covid-19

O alcalde do Carballiño, Francisco Fumega, asinou esta mañá un decreto que autoriza o pago definitivo das axudas da Covid-19. Deste xeito, os xa 55 solicitantes que entregaron a documentación completa poderán recibir a contía correspondente esta mesma semana.

Publicidade

As solicitudes para as axudas do concello do Carballiño xa foron solicitadas por 293 persoas. As axudas pretenden paliar nalgunha medida as perdas durante o estado de alarma. Principalmente foron solicitadas para pagar os alugueres dos locais dos respectivos negocios. Deses case 300 solicitantes xa presentaron toda a documentación necesaria 55. O prazo para formalizar estas solicitudes remata o luns, e o concello pide a todos que aporten a documentación en tempo e forma.

Se se entregasen a totalidade das 293 solicitudes, as axudas alcanzarían un importe total de máis de 260.000 euros.