Manuel Baltar visita en Cachamuíña os terreos onde se construirá o “Parque da Igualdade”

Presentación da futura ubicación do “Parque da Igualdade” situado ó carón do encoro de Cachamuiñas (Pereiro de Aguiar). Asisiten Manuel Baltar (Presidentes da Deputación Ourense), acompañado pola Deputada Provicianl de Igualdade, Luz Doporto Real e do Alcalde de Pereiro de Aguiar, Luis Menor Pérez.
II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, visitou hoxe no encoro de Cachamuíña os terreos onde se construirá o denominado “Parque da Igualdade”, un espazo que prevé abrirse ao público no primeiro semestre de 2021 e que renderá homenaxe ás vítimas das violencia de xénero, ofrecendo aos visitantes “unha experiencia emocional percorrendo esta contorna natural do municipio de Pereiro de Aguiar”, afirma Baltar.

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

O presidente do goberno provincial, quen estivo acompañado polo alcalde de Pereiro, Luis Menor, e pola deputada provincial de Reto Demográfico, Luz Doporto, afirma que o proxecto do Parque da Igualdade, impulsado pola Deputación de Ourense, “forma parte das iniciativas que promove o goberno provincial na liña de desenvolver políticas de sensibilización fronte á violencia machista, creando conciencia social diante desta lacra que afecta á poboación”.