A Xunta activará mañá unha nova liña de axudas pola Covid de 10 millóns de euros

O vicepresidente segundo e conselleiro de Economía, Empresa e Innovación, Francisco Conde, participa nun webinario dentro do ciclo Ser dixital para vender máis, organizado en colaboración coa Federación Galega de Comercio. FOTOS CONCHI PAZ
II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

O vicepresidente económico e conselleiro de Economía, Empresa e Innovación, Francisco Conde, adiantou hoxe na súa participación no webinario Ser dixital para vender máis que o próximo venres está previsto publicar no Diario Oficial de Galicia (DOG) a nova liña dotada con 10 millóns de euros para facilitar préstamos directos aos autónomos, microempresas e pemes que teñen máis problemas de liquidez e máis dificultades no acceso ao crédito privado durante a covid-19.

A nova liña de financiamento achegará créditos de entre 3000 e 500.000 euros por negocio, con xuros baixos e próximos ao 0% aos autónomos e as empresas que se dedican a ocupacións como a economía social; o ocio nocturno e a hostalería; a industria cultural e de lecer; as que realizan a súa actividade principalmente no verán, como as orquestras; e as que non teñen un emprazamento único, como os feirantes, entre outros. Disporán dun prazo para a devolución de ata sete anos, nos que están incluídos tres de carencia.

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

Na súa intervención na xornada organizada coa Federación Galega de Comercio, Conde sinalou que o sector ten que seguir apostando pola súa dixitalización, consolidando as vendas e o posicionamento on line. Neste ámbito, desde o Goberno galego lévanse activado medidas por máis de 31 millóns de euros desde o inicio da pandemia, con programas específicos para o sector centrados na innovación e o e-commerce; e outras iniciativas como o cheque de dixitalización ou o programa Galicia Exporta Dixital, ao que por primeira vez se puideron sumar os comerciantes.