O Círculo de Podemos no Carballiño rexistra unha moción para non ¨dar un paso atrás” na loita contra as violencias machistas

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

A responsable de feminismos da agrupación local de Podemos, Alba González, afirma que é importante seguir avanzando para evitar que a COVID 19 supoña un retroceso dos dereitos das mulleres. Esta moción se enmarca nas actividades reivindicativas que realizará a formación morada con motivo do 25N e que se celebrarán de maneira telemática

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

O Círculo de Podemos no Carballiño vén de rexistrar unha moción para non “dar un paso atrás” na loita contra as violencias machistas.

Segundo  indica  a  responsable  de  feminismos  da  agrupación  local,  Alba González, “a dimensión da crise da COVID-19 é tal que está a agochar outras realidades de persoas vulnerables, como pode ser o caso das mulleres que sofren as violencias machista”.  Por  isto, Podemos presenta unha  moción  para sinalar esta situación, que segundo indica Alba González “pode supoñer un retroceso nos dereitos que as mulleres acadaron en tantos anos de loita”.

A moción recolle situacións concretas que están vivindo as mulleres desde que comezou a pandemia como poden ser “retrasos administrativos, problemas de conciliación, ou situacións que afectan aos dereitos reprodutivos das mulleres e que están a denunciar dende colectivos como Embarazadas de Galicia ou a Asociación Galega de Matronas (AGAM) nas que se chega a separar á nai e bebé durante o postparto”.

“Dende o Círculo Podemos no Carballiño pensamos que a mellor maneira de non retroceder é a de consolidar os avances, por iso incluímos reivindicacións recorrentes do feminismo, como poden ser a creación de xulgados especializados en violencias contra as mulleres, coa creación de plans que faciliten a conciliación e a creación de axudas específicas para a crise que estamos atravesando, ademais das demandas xa trasladadas pola Asociación Galega de Matronas” afirma Alba González.

O Círculo de Podemos pide que este 25N atípico o Concello de O Carballiño se implique, e aparte de celebrar os actos institucionais pertinentes poña tódolos recursos para visibilizar a realidade das mulleres que sofren violencia e as distintas opresións que viven as mulleres polo feito de selo e reafirme o seu compromiso coa igualdade real entre homes e mulleres.