Juan Manuel Casares, Embaixador da Palabra 2020

A Fundación César Egido Serrano- Museo da Palabra, nomeou como embaixador da palabra 2020 a Juan Manuel Casares Gándara. Con motivo do Día Internacional da Palabra celebrado onte, 23 de novembro, esta fundación escolle ós seus representantes, que este ano tamén recaeron no venezolano Jorge Carrión Rubio, presidente da Fundación Universidade Hispana. O acto de entrega estaba previsto para este mesmo día, pero será aprazado ata decembro a causa das restricións da pandemia.