O concello de Boborás sufre cortes de luz . O delegado de Naturgy xa falou ca Alcaldesa

O concello remitiunos unha nota onde nos da conta das incidencias

Publicidade

Hoxe volvemos a estar sen luz en números núcleos do noso municipio. É inadmisible. O Concello de Boborás fará unha reclamación formal en industria contra Naturgy por esta situación. Onte dende as 8.20 h ata as 13.50 e hoxe dende as 10 da mañá.


Moitas familias afectadas, negocios, empresas e incluso Servizos públicos. Non se pode permitir tal abuso.

—————————————————————————————

O longo do día o Delegado de Naturgy puxose en contacto ca Alcaldesa Patricia Torres, quen nos mandou a seguite información

No día de hoxe o delegado de Naturgy comunicouse comigo, como alcaldesa do Concello de Boborás, para explicar o motivo dos cortes de suministros do día de onte e hoxe. Nese sentido, indicou que onte cairon dúas árbores sobre o tendido xerando unha gran avería. Onte quedou restablecido o Servizo de maneira temporal e hoxe tiveron que volver cortar para seguir coa reparación. Nese aspecto, expliqueille o gran malestar polo ocorrido non só por parte do concello senon polos clientes afectados, sobre todo por non avisar que hoxe haberia novamente cortes, tendo en conta que o de onte foi algo que non estaba previsto pero o de hoxe si.
Neste sentido, quedou persoalmente de achegarse a casa do concello o luns para falar comigo en persoa e explicar a situación, e tamén poder exporlle todas as molestias ocasionadas.
Neste sentido, os afectados podedes comunicarnos cales son as vosas reclamacións para poder trasladarllas.
Finalmente, e dentro da necesidade de avisar destas reparacións de averias soliciteille que me comunicara calquera incidencia para poder trasladarla a cidadanía, e nese sentido acaban de avisar que hoxe de madrugada entre as 2.00 h e as 3.30 h procederán a outro corte para poder pechar un dos circuitos afectados. Xa o fan de madrugada para evitar máis molestias.