Fenosa e o concello de Boborás estudan as últimas avarías da fin de semana

IES CHAMOSO LAMAS

A alcaldesa Boborás, Patricia Torres, reuniuse este mañá co delegado de UFD de Ourense e Lugo, Emilio Castro, que veu acompañado de Manuel López responsable do Centro de Operacións de Ourense, para falar o respecto das incidencias no subministro eléctrico ocorridas o 26 e 27 de novembro que deixaron sen luz a 834 abonados.

Desta maneira, os responsables da empresa explicaron os motivos da avaria, derivados da caída de árbores nas liñas de media tensión o pasado xoves, ambos situados fóra da servidume do tendido.

OZOCOgz Deseño Galego

Durante a reunión a alcaldesa tivo a oportunidade de manifestarlle a Castro as molestias ocasionadas pola falta de subministro eléctrico, tales como os ocorridos no centro educativo, entidade bancaria, carnicerías, farmacia, o propio concello, así como o fogar residencial de maiores ademais de outros negocios do municipio, ao igual que a veciñanza afectada. Tamén lle trasladou, as queixas dalgúns veciños que manifestan pequenos cortes no servizo e alteracións de tensión. Nese sentido, o delegado de UFD, entendeu o malestar tanto da rexedora como dos numerosos afectados, e comprometeuse a revisar as incidencias diarias.

Neste sentido, tanto Torres como Castro, acordaron establecer un nexo de comunicación fluída no relativo a futuras avarias ou incidencias, para evitar a incerteza creada nesta ocasión, así como a procura de horarios menos conflitivos á hora de resolvelas. O delegado, tamén tendeu a man a alcaldesa no que se refire a calquera tema relacionado coa empresa de distribución de enerxía.

Por último, e co fin de evitar novas incidencias na rede de media tensión, a empresa subministradora propúxolle á alcaldesa a opción de ampliar as servidumes existentes, feito no que solicitou a colaboración do concello para poder localizar aos titulares dos terreos para chegar a un acordo con eles e deste xeito, poder ter limpo unha zona máis ampla minimizando o risco de caída de árbores, feito o que a alcaldesa mostrou a súa total colaboración.