1. Obxecto do concurso
O presente concurso ten como finalidade premiar o esforzo e o traballo que realizan os comerciantes para atraer aos seus clientes, a través da imaxinación e a orixinalidade na decoración dos seus escaparates de nadal, creando un ambiente agradable de compra durante as datas de nadal e incentivando o comercio local.
Os premios concedidos ao abeiro desta convocatoria son compatibles con outros premios, concedidos por administradóns distintas do propio Concello do Carballiño ou calquera outra entidade pública ou privada.
2. Participantes
Poderán participar tódolos establecementos comerciais do pobo, sen limitación de número ou de espazos e sen ningunha distinción por razón da súa actividade ou titular.
3. Obrigas dos participantes
• Os establecementos comerciais deberán estar dados de alta no Imposto de Actividades Económicas
– Ter establecemento aberto ao público no término municipal do Carballiño.
• Colocación no escaparate dun distintivo de participación no concurso facilitado polo departamento de cultura
·Os establecementos deberán ter preparado, visible e iluminado o seu escaparate dende o día 20 de decembro ata o 6 de xaneiro, exceptuando o atrezzo que sexa para vender.
4. lnscrición e prazo
A inscrición formalizarase por escrito presentando a seguinte documentación dende o día seguinte ao da publicación do extracto da presente convoctoria no BOP, trala comunicación efectuada para o efecto na Base de Datos Nacional de Subvención {BDNS), e ata o día 18 de decembro de 2020 no rexistro municipal do Concello do Carballiño ou de calquera outro xeito establecido na Lei 39/2015, de 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións pública e Leí 40/2015, de 1 de outubro, do réxime xurídico do sector público.
– Folla de inscrición
– Fotocopia do DNI
· Certificación bancaria do n° de conta do establecemento inscrito
– Declaración responsable de estar ao corrente coas obrigas tributarias e coa Seguridade Social.
-Declaración de non estar incurso nas prohibicións do artigo 13 da Leí 38/2003, Xeral de Subvencións.
O departamento de cultura xestionará de oficio a comprobación de estar ao corrente das abrigas fiscais coa administración local.
5. Procedemento de concesión
O procedemento de concesión será o de concorrencia competitiva.
A instrución do procedemento corresponderalle aos servizos administrativos da Concellería de Cultura.
Unha vez rematado o prazo de presentación de inscricións o órgano de instrución comprobará a corrección da documentación administrativa achegada, e remitirá ao xurado a relación de establecementos comerciais participantes cuxa documentación estea correcta e fora presentada en prazo para a súa valoración e posterior emisión da correspondente acta.
6. Crédito orzamentario
O importe total asignado no orzamento municipal a esta finalidade ascende a 450 euros con cargo á aplicación orzamentaria 3341148000 Transferencias correntes de 2020.
Establécense os seguintes premios:
1o Premio: 200 euros
2° Premio:150 euros
3° Premio:100 euros
Todos os premiados recibirán un diploma acreditativo.
Aos premios aplicaráselle as retencións correspondentes segundo a lexislación vixente.
7. Criterios de valoración
Na valoración dos establecementos participantes terase en canta os seguintes aspectos:
– A orixinalidade, creatividade e innovación da idea no seu conxunto (máximo 10 puntos)
-O deseño, montaxe e selección de materiais expositivos e decorativos (máximo 10 puntos)
-A iluminación {máximo 10 puntos)
– A limpeza, arde e harmonía do proxecto expositivo {máximo 10 puntos)
Para a valoración, o intervalo máis baixo sempre será O e o máximo 10. O escaparate que máis puntuación consiga será o gañador. Sucesivamente, os premios segundo e terceiro, serán os outros dous con. máis puntuación, segundo o orden.
8. Xurado
O xurado valorará os traballos o 18 e 20 de decembro de 2020 e estará formado por:
• Un representante do comerdo.
• Un representante dunha asociación cultural do Carballiño ou persoa relacionada coas artes.
• Un representante da veciñanza.
Actuará como secretario/a un/unha traballador/a do Concello do Carballiño.
Calquera dos premios poderanse declarar desertas se o xurado o considera oportuno. Dita dedsión será inapelable e farase pública entregando os premios aos benefidarios nos respectivos locais comerciais si as medidas de prevención derivadas da situación epidemiolóxica do COVID·19 o permiten.
9. Resolución de concesión
A decisión do xurado elevarase ao órgano competente para aprobalo. O órgano competente poderá rexeitar aqueles premiados que non cumpran coas abrigas tributarias e coa Seguridade Social.
Contra a presente resolución, que pon fin á vía administrativa, poderase interpor recurso potestativo de reposición ante a propia Xunta de Goberno no prazo dun mes ou directamente ante o orde xurisdicional contencioso-admtntstratlvo recurso Contenctoso-Admintstrativo no prazo de tres meses dende a notificación da mesma por medios electrónicos ou no seu defecto en papel.
O prazo máximo para resolver e notifica-la resolución do procedemento non poélerá exceder de 6 meses nos termos establecidos nos artigos 25 e 26 da Lei 38/200, xeral de subvencións e nos artigos 62 .e 63 do seu regulamento.
1O. Xustificadón e pagamento · ·
Unha vez ditada resolución polo órgano competente, procedenise ao pagamento vía transferencia bancaria ao núm. de conta proporcionado polos establecementos gañadores.
11. Aceptación das bases
A participación no concurso comporta a aceptación das presentes bases, sendo excluido todo aquel participante que incumpra as mesmas.
1O. lnformación sobre tratamento de datos persoais.
Os establecementos participantes autorizan o tratamento de datos persoais e a súa inclusión nun ficheiro xestionado polo Concello do Carballiño coa finalidade de estatística. O representante do establecemento poderá exercitar en todo momento os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición recoñecidos na Lei Orgánica 3/2018, de 5 de decembro, mediante correo electrónico a concello®carballino.gal ou por correo ordinario ó Concello do Carballiño (Praza maior, 1 C.P. 32500 O Carballiño).