O concello de Piñor entrega os premios do concurso de contos do 25N

Publicidade ASPADISI

Mireia, de 13 anos e Noel, de 17, dous irmáns deste municipio, xa teñen o seu merecido premio como gañadores do certame de contos do 25N “A igualdade non é ningún conto”. Mediante un acto virtual deuse remate ó certame de contos ó que estaban convidados a participar todos os veciños do concello. Participaron en total cinco rapaces e dende a administración deron as gracias a todos eles, asegurando que hai moito futuro na mocidade. Os dous contos gañadores serán enviados ós fogares con nenos do concello de Piñor.