Resposta do grupo do Goberno ao Bng polo tema do alumeado de Nadal

O ALUMEADO DE NADAL QUEDARÁ CULMINADO ESTA SEMANA NA VILA E NAS PARROQUIAS

O CONCELLO LAMENTA A DESINFORMACIÓN DO BNG CON RESPECTO Á CONTRATACIÓN DESTE SERVIZO, QUE OBEDECE SEN DÚBIDA A UN INTENTO DE DESPRESTIXIAR A ORIXINALIDADE DA ILUMINACIÓN DA PRAZA MAIOR E DAS RÚAS PEONÍS DO PASEO.

AVANTAR ACTIVIDADES

Esta semana culminarase a instalación do alumeado público de Nadal, que se encendeu nas principais rúas e na Praza Maior o venres pasado. As rúas que restan, así como as rotondas, a fachada do auditorio municipal, a torre da Veracruz e as parroquias encenderanse esta próxima fin de semana.

O concello lamenta a desinformación do BNG con respecto a esta cuestión, que se debe probablemente a un intento de desprestixiar a espectaculiradade da iluminación e decoración da Praza Maior, do Concello e das rúas peonís do Paseo, e que ten moita aceptación por parte da veciñanza e visitantes.

Neste sentido, temos que afirmar que a Praza Maior conta coa iluminación de Nadal máis chamativa e visual da historia, e que por primeira vez a torre do templo da Veracruz contará con elementos lumínicos de Nadal.

O concello contratou este servizo á empresa Distribuciones Dalisa S.L., adxudicataria do procedemento aberto simplificado convocado para a alumeado de Nadal por un período de dous anos. Presentáronse dúas empresas, e esta foi a que presentou a mellor oferta económica e o mellor proxecto.  A adxudicación realizouse por dous anos por un importe de 45.980€, ive incluido. É dicir, 22.990€, ive incluido, por ano.

Trátase sen dúbida dunha oferta máis que satisfactoria para O Carballiño, xa que, ademáis dos arcos e elementos lumínicos contemplados estes últimos anos, engadíronse unha ducia de lugares máis, como as árbores da zona máis alta da Praza Maior, as árbores da Praza Emilia Pardo Bazán, a rúa Margarita Taboada, as rúas que baixan de Xullo R. Soto á Avenida do Balneario, como Venezuela, Uruguai, Brasil e cuba, a Baixada de Astureses, a rúa Marcelino Parrondo, a rúa Otero Pedrayo, os balcóns laterais do concello, a fachada do auditorio municipal e a torre da Veracruz, entre outras.

Esta empresa presentou toda a documentación requerida en regra, entre a que se incluía tres contratos de instalacións lumínicas realizadas en cidades ou vilas semellantes á do Carballiño, o que demostra a capacidade da empresa para asumir este tipo de traballo.

En consecuencia, queda demostrada non só a máis absoluta desinformación do grupo municipal do BNG, senón a mala intención desta formación política para intentar desprestixiar o que é unha iluminación de Nadal moi orixinal e cun presuposto moi favorable para o concello do Carballiño en comparación cos de outras vilas semellantes.