A Igrexa da Madalena acolle unha exposición sobre a Rapa das Bestas

Inauguración das exposicións de Fotografía e Papiroflexia na Madalena ca participación do fotógrafo Javier Ortiz e Michel protagonista das fotografías da Rapa das Bestas de Sabucedo, o cal explica determinadamente en que consiste e como se fai esta tradición da rapa.

A Rapa das Bestas é o nome dunha festa cultural e turística que consiste en cortar as crines dos cabalos que se realiza nos curros celebrados en varias localidades de Galicia, ademais do corte das crines, os cabalos son desparasitados e cúranselles as feridas que poidan ter.

Está dispoñible os venres, sábados e domingos en horario de 11:30 a 13:30 e de 18:30 a 20:30 horas.

Publicidade Premer na Imaxe