Acotío, con Inés Meizoso

O Servizo de Prevención de Condutas Adictivas da Mancomunidade de concellos de O Carballiño en colaboración coa Universidade de Santiago de Compostela organiza esta xornada, que terá lugar este próximo venres pola tarde.

Publicidade

Dará comezo ás 16:30 horas, ca presentación da xornada da man do alcalde do Carballiño e da alcaldesa de Maside. A primeira conferencia, das 17:00 horas ás 18:00 horas, será sobre prevención integral e comunitaria e sobre o modelo islandés. A segunda conferencia, das 18:00 horas ás 19:00 horas, será sobre os adolescentes e adiccións con e sen substancia: que pasa en España e que pasa na bisbarra de O Carballiño?, impartida por Antonio Rial Boubeta, Profesor da Universidade de Santiago de Compostela.