Ribeiro en Común reclama que o SERGAS realice un novo cribado en Ribadavia para detectar casos asintomáticos ante os datos tan elevados de incidencia do coronavirus no noso concello.

Publicidade ASPADISI

Tamén reclamamos xunta de portavoces urxente para abordar a evolución da pandemia e as medidas e adoptar.
Unha vez máis, estamos atravesando días moi duros no loita contra o COVID-19. Ribadavia non é allea a esta terceira onda que estamos a sufrir de coronovirus, sendo o número de casos activos a día de hoxe de 44, unha cifra moi alta para unha poboación como a nosa.

Ante esta situación tan alarmante, é preciso reforzar as medidas de seguridade e información que se traslada á veciñanza, e toca tamén exercer a responsabilidade cidadá para saír desta crise.

HIPER MASIDE

Desde Ribeiro en Común consideramos de vital importancia que a Xunta leve a cabo un novo cribado do SERGAS no noso concello, ante a incidencia tan elevada nos últimos días, para detectar posibles casos asintomáticos que estean a contribuír a transmisión do virus.

Ademáis, vimos de reclamar que se leve a cabo unha xunta de portavoces para abordar a evolución da pandemia e as medidas a adoptar, para valorar todas as accións posibles que permitan axudar a paliar a situación tan preocupante de impacto do coronavirus.