Espazo Común presenta ao pleno unha moción para que se leve a termo un inventario dos bens municipais

Coñecer a realidade neste eido podería evitar problemáticas da índole do retraso en achar chan para a ubicación do novo Centro integral de Saúde.

O último do que se ten constancia ten xa máis de 20 anos e é unha ferramenta fundamental.

AVANTAR ACTIVIDADES

O Grupo Municipal de Espazo Común ven de rexistrar unha moción para que sexa debatida no pleno previsto para este mércores 15 de decembro. Nela instase ao goberno a cumplir cunha vella demanda e unha imperiosa necesidade para o bo funcionamento da entidade municipal: elaborar un inventario dos bens propiedade do Concello.

Dende hai anos, os problemas derivados da ausencia diste documento (o último coñecido é dos anos 90), veñen sendo serios e perfectamente evitables.

Non é normal que non se saiba con seguridade se un ben propiedade do Concello, se non, se cecais…

Por iso, consideramos que levar a termo esta ferramenta, axudará a evitar complicacións como as acontecidas nos últimos tempos coa ubicación do novo Centro Integral de Saúde, a ausencia de chan industrial para a ampliación do Parque Empresarial, os problemas coa titularidade da Fábrica do Papel…


MOCIÓN PARA A ELABORACIÓN DUN INVENTARIO DE BENS MUNICIPAIS

Por razóns de diversa índole, lévase falado moitos nos últimos tempos da situación de
diversas propiedades deste Concello e incluso da ausencia delas.
O caso máis grave e urxente é, sen dúbida, o da falla de chan adecuado para a
ubicación do novo Centro Integral de Saúde. A ausencia de opcións, unido á
exasperante lentitude do goberno para atopar solucións conleva xa unha lamentable
perda de tempo que perxudica aos cidadáns do Carballiño no seu lexítimo dereito de
contar cunhas instalacións sanitarias acorde cos tempos actuais.

Poderíamos falar tamén de casos coma o da Fábrica de Papel, ata hai pouco tempo
aínda se rexistrar a nome do Concello a pesares das millonarias inversións alí levadas a
termo.
Non se queda atrás o caos en torno a baixos de titularidade municipal que non se
están a utilizar namentres se pagan alugueres ou a infrautilización de inmobles pese á
gran carencia de espazos en servizos e para dotar ás diferentes asociacións de medios
para desenvolver o seu traballo axeitadamente.
En gran medida esta problemática ven dada pola necesidade nunca atendida de
actualizar o inventario de bens municipais. Elemento iste que dende hai anos reclaman
diferentes informes técnicos e que permitiría poñer orde nas contas e na organización
do Concello.

Cómpre suliñar que a data da derradeira posta ao día deste documento que se coñece
é de hai máis de 20 anos.
É unha obviedade que unha axeitada diágnose da situación das propiedades
municipais permitiría unha inmediata optimización dos recursos e evitaría
problemáticas como as anteditas.

Visto todo o anteriormente comentado,

SOLICITAMOS

  1. Que o Concello do Carballiño elabore con urxencia un Inventario de Bens
    Municipais.