Maside celebrará un mercado de Nadal o domingo na Alameda

O concello de Maside organiza para este domingo día 20 de decembro un mercado de Nadal, dende as 11:00 horas ata as 18:00 horas, ubicado na Alameda da vila. Entre os postos que se colocarán haberá artesanía, produtos locais, agasallos, complementos ou doces de Nadal. Ademais, haberá sorteos entre os asistentes. Para os máis pequenos, Papá Noel visitará Maside ó remate do mercado.